Mar 30

Melide, terra de foliadeiros

12832310_446774662179087_3592164032744892426_n

Melide siempre ha sido conocido además de su gastronomía y su ocio por sus grandes músicos tradicionales gallegos. Por eso hoy en día Melide puede presumir de una de las foliadas más importantes del territorio gallego, donde en su XII edición se espera que sobrepase aún más la asistencia conseguida en la pasada edición de 2015. A continuación os enseñaremos como esta fiesta ya más que consagrada en nuestro pueblo y en Galicia nace del esfuerzo de unos pocos jóvenes que se han ido ganando el apoyo unánime del pueblo. Algo normal si nos paramos a pensar que dejando al margen el lado económico que pueda repercutir en el bolsillos de una gran mayoría de negocios del pueblo, estos jóvenes consiguen amenizar todo un pueblo desde primeras horas de la mañana hasta altas horas de la madrugada durante tres días, trasladando a muchos a sus infancias recuperando los típicos juegos populares, concurso de cantos de taberna, concursos infantiles y todo ello con la representación de los mejores grupos locales, comarcales, autonómicos y del país.

QUE É A FOLIADA DE MELIDE?

A nosa andaina comezou no ano 2005 e dende aquelas, paseniñamente, foise convertindo nun evento que concentra obradoiros, actividades formativas, mostra de artesanía, exposicións, actuacións musicais e actividades para os máis pequenos.

Con esforzo e dedicación, durante once anos procuramos que durante toda unha fin de semana no corazón de Galicia, a tradición, a cultura e a música da nosa terra fosen dunha man. Que mandase a música tradicional dende o sábado ben cedo ata que o domingo se puxera o sol.

A complicidade estética e visual da Foliada chegou ao seu máximo esplendor no 2009, cando se logrou establecer por completo o rebulir do evento no casco antigo do pobo. E a partires de aí, combinando o concurso de Cantos de Taberna co resto de concertos e actividades da programación, conseguimos encher as rúas de música e  xogos tradicionais, animación e artesanía para todo o que se anime a gastar os zapatos entre lusco e fusco na marcha gaiteira.

Imagen

Animación de rúa na Praza do Convento

Imagen

Obradoiro de baile galego na Praza do Convento
Hoxe podemos dicir que a Foliada de Melide é un encontro que se desmarca do resto de festivais ou seráns da nosa terra, pola diferente experiencia musical que proporcionamos aos nosos asistentes, nun ambiente e escenarios únicos.
Benvidos á Terra do Medio, á capital da gándara central de Galicia, segundo lle di o escritor nativo Vázquez Pintor. Benvidos á Foliada de Melide, que ten lugar cada ano a última fin de semana de Abril.

CONCERTOS 2016

VENRES, 24 DE ABRIL

CANTATA VERNÁCULA

​Este dúo formado por Xoán Porto e Suso Vaamonde Manteiga creouse no 2009 coa clara intención de crear un espectáculo co que divertir ao público.A través de temas tradicionais e outros de autoría propia, cantados e cunha estética actual, Cantata Vernácula achegan o folclore ao público dun xeito totalmente diferente e cheo de humor. Entre tema e tema, as bromas, anécdotas e explicacións vanse sucedendo, facendo que os espectadores gocen e se divirtan coma nenos.

SÁBADO, 23 DE ABRIL

OS D’ABAIXO

Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Santiago de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición.
O que pretenden é ofrecer unha escolma de música cargada de forza e enerxía que leve ao baile e á foliada do xeito de antes. Son un grupo no que se atopa xente que toca por afección e leva toda a vida vencellada ao folclore galego, xunto a músicos profesionais de gran traxectoria.
Teñen tocado en diversas festas e festivais de Galicia e tamén en lugares como o Festival de Músicas do Mundo ou o Festival Intercéltico de Lorient. Actualmente, preparan novo repertorio de cara ao 2016, ano no que agardan seguir levando a súa música de festa en festa.

FALPERRYS

Falperrys naceu en Vigo na primavera do 2010, cando un grupo de amigos se xuntaron para tocar do xeito máis divertido e persoal posible, e así non só pasar bos momentos xuntos; senón tamén tentar que os demais desfruten con eles.
O estilo que fan poderíase etiquetar dentro do punk folk, influenciado tanto polo folk galego coma irlandés, cancións para cantar na compaña dos amigos, nas tabernas… Veloces e rabiosas melodías punk.
Tras un bo comezo tocando en varios festivais da xeografía galega, tivo lugar a súa primeira gravación Do amor e das mentiras, tendo moi boa acollida. O seguinte traballo enfocouse máis cara un son acústico, xa que o grupo actúa tanto en formato eléctrico como acústico.
Nestes anos o grupo leva tocando con regularidade por toda Galicia, ademais de ter viaxado a tocar en Berlín e Hamburgo.

DOMINGO, 24 DE ABRIL

XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE

Na actualidade traballa nun proxecto tremendamente ambicioso, que xunto coas Adufeiras, un grupo de 11 percusionistas e cantoras de música tradicional, realiza un traballo de renovación da música popular galega engadíndolle un enfoque vangardista e diferenciado.
Están ademais acompañados por Gutier Álvarez (zanfoña e violino) e Javier Álvarez (acordeón diatónico). Tamén colaboran destacados músicos da música tradicional ibérica, como Kepa Junkera e Aleix Tobias. Ademais doutros músicos galegos como Xosé Manuel Budiño, Fernando Barroso ou Alfonso Merino.

CANTOS DE TABERNA

Dende o ano 2009, durante o mediodía da xornada do sábado tódolos asistentes poden disfrutar dun Concurso de Cantos de Taberna polos establecementos das rúas dazona vella do pobo.
A participación dentro do Concurso está aberta a todos os grupos que así o queiran, axustándose a unhas bases e a un periodo de inscrición.
Pero ao ser un dos momentos de maior cohesión dentro do conxunto de actividades do evento, todo o/a que se anime estará convidado/a a cantar e bailar, ou simplemente disfrutar da boa música dos grupos que participan!
A participación dentro do Concurso estaba aberta a todos os grupos que así o quixeran, axustándose a unhas bases e a un periodo de inscrición.

Cuadro

BASES 8º CONCURSO CANTOS DE TABERNA

1. Participarán un máximo de 19 grupos que serán incluídos por orde de inscrición.
2. Os grupos participantes estarán compostos por un máximo de dez compoñentes.
3. A inscrición é gratuita e poderase realizar mediante o e-mail da organización: foliadamelide@gmail.com, ou ben chamando o tlf: 600203592.
4. O repertorio será preferiblemente tradicional.
5. Cada grupo percorrerá un itinerario diferente por oito tabernas e irá acompañado por un membro da organización.
6. Cada grupo dispoñerá de 20 minutos de actuación en cada taberna.
7. Os compoñentes dos grupos estarán convidados á bebida nos locais do seu itinerario. As consumicións que entran dentro das invitacións son consumicións básicas como cervexa, viño, auga e refrescos, o resto deberán abonalo.
8. Da puntación encargarase @ taberneir@ correspondente.
9. A puntuación establecerase entre 1 e 10 puntos en cada taberna. O grupo que ao final do percorrido consega máis puntos será o gañador do concurso.
10. Establécense tres premios, cos que colabora a Asociación Casco Vello de Melide.
Primeiro: Cea nun restaurante da localidade.
Segundo: Cesta de productos típicos.
Terceiro: Cesta de productos típicos.
11. A resolución do concurso e a entrega de premios realizarase o mesmo día ao final do percorrido na Praza das Coles.

MOSTRA DE ARTESANÍA

Na praza central da vila, na que relucen as pedras cheas de vida e historias doutro tempo, ten lugar durante toda a fin de semana a mostra de artesanía da Foliada de Melide.
Para a Foliada representa un dos puntos fundamentais, é o punto onde se cohesionan tódolos artesáns, instrumentos tradicionais galegos como gaitas, pandeiretas ou zanfonas enchen a praza de son; mentres que os zocos, mantelos, monteiras e carteiras bailan ao seu son. O punto final da Marcha Gaiteira, onde todos os grupos que participan no Serán tocan ao mesmo son. E o punto no que obradoiros, exposicións, actuacións musicais, oficios tradicionais e a vida diaria da xente da vila conflúen durante toda a fin de semana.

BASES II CONCURSO FOTOGRÁFICO

A Asociación Enfócame e a Asociación Cultural e Musical O Castelo, organizamos un concurso fotográfico durante a Foliada de Melide 2016.

1. OBXETIVO: Buscamos relacionar as actividades da Asociación Enfócame e da Asociación Cultural e Musical O Castelo, para representar as actividades culturais e musicais que se desenvolven na Foliada a través da fotografía.
2. TEMÁTICA: As fotografías deberán realizarse durante a celebración da Foliada que terá lugar os días 22, 23 e 24 de Abril do 2016 e deberán estar relacionadas con calquera das actividades realizadas na Foliada.
3. PARTICIPANTES: Poderán participar no concurso de fotografía tódalas persoas que o desexen sen restrición de idade ou nacionalidade agás aquelas que formen parte do xurado.
4. OBRAS:
a. Poderá presentarse un máximo de 5 fotografías por autor.
b. Quedarán excluídas aquelas que puideran resultar de mal gusto ou ofensivas polo seu contido, as contrarias á legalidade vixente e as de menores de idade salvo autorización expresa e escrita por parte dos pais ou titores.
c. O autor deberá garantir que é o único titular dos dereitos de autor de tódalas fotografías que presenta ó concurso e se responsabiliza de que non existan dereitos de terceiros nas fotografías presentadas, así como de toda reclamación de terceiros por dereitos de imaxe.
d. As obras poderanse publicar na web e redes sociais tanto da organización como dos colaboradores do concurso.Coas fotos que o xurado escolla, como finalistas do concurso, realizarase unha exposición nun local de Melide. Na inauguración de dita exposición farase entrega dos premios ós gañadores do concurso.
5. PRESENTACIÓN: Deberán presentarse en formato JPG con un peso máximo de 2 Mb por foto e está permitida a manipulación fotográfica sempre que non se desvirtúe a propia fotografía.
A data límite de presentación será o 1 de maio do 2016. Deberán enviarse ó seguinte correo: foliadaconcursofotografico@hotmail.com. Especificando no asunto: concurso fotográfico Foliada 2016 e indicando: nome, DNI, teléfono de contacto e correo electrónico. Calquer obra que non cumpra os requisitos será descartada automaticamente.
6. PREMIOS: Concederanse tres premios ás fotografías mellor valoradas polo xurado cunha cuantía total de 150 € distribuídos da seguinte maneira: un primeiro premio de  60 €, un segundo premio de 50 € e un terceiro premio de  40 €.
Ningún autor poderá ser premiado con dúas ou mais fotografías das que presente . A renuncia a un premio, independente do motivo non dará lugar a compensación algunha. Coas fotos que o xurado escolla como finalistas do concurso realizarase unha exposición nun local de melide. Na inauguración de dita exposición farase entrega dos premios ós gañadores do concurso.
7. XURADO: O fallo do xurado publicarase na web e redes sociais tanto da organización da Foliada como de EnFoCaMe. O xurado estará composto entre 3 e 5 persoas, pertencentes á organización da Foliada de Melide e a EnFoCaMe.

FOTOGRAFÍAS PREMIADAS NO I CONCURSO FOTOGRÁFICO

Imagen

Imagen

Imagen

XENTE CATIVA

A Xente Cativa, é o nome dos seres mitolóxicos máis pequenos coñecidos en Galicia, son coma os ananos pero moito máis pequenos, se cadra non máis grandes que as formigas; e sábese de boa man que son moi aficionados á música.
Coa incorporación de determinadas actividades á programación da Foliada de Melide, preténdese conseguir un achegamento dos máis pequenos ao encontro cultural e sempre propoñemos aos máis cativos que participen dun xeito algo especial; que nos mostren a súa visión da Foliada a través dun debuxo, que recollan unha copla tradicional, que xoguen á rá ou co tirapedras…

A dinamización e divulgación da nosa cultura e o noso folclore é unha das prioridades deste evento, que se celebra anualmente a última fin de semana de abril en Melide. Por iso se incorpora á programación o Concurso de debuxo Infantil Xente Cativa, para promover a participación dos máis pequenos e conseguir facer deste un evento interxeracional. Ademáis, dito concurso sempre vai acompañado dunha actuación de animación infantil e a entrega de premios na tarde do último día do evento.

Imagen

Imagen

Imagen

Bases Concurso Infantil Xente Cativa

1. Os participantes, a través dun debuxo, deberán plasmar o elemento que máis lles guste ou atraia de toda a Foliada, de maneira que os participantes máis cativos do evento deixen ver que é o mellor do evento para eles.
2. Os participantes serán os alumnos de educación primaria.
​3. As obras presentaránse nunha cartolina tamaño A – 4 (21 x 30 cm) e a técnica a utilizar é totalmente libre, sempre e cando sexa feito a man.
4. No reverso da cartolina deberán figurar o nome, os apelidos, a idade do participante e a escola a que pertence.
5. Só se admitirá un debuxo por participante.
6. Os debuxos recolleranse en cada centro entre o 1 e o 4 de abril do 2016 por un compoñente da organización do evento.
7. Todos os participantes recibirán un diploma e un pequeno agasallo por participar.
8. O xurado do concurso estará formado pola organización da Foliada de Melide, que establecerá dous premios por rango de idade:
a. Un premio para os participantes de 6 a 9 anos, composto por un diploma de participación e un lote de agasallos relacionados coa música galega.
b. Un premio para os participantes de 10 a 12 anos, composto por un diploma de participación e un lote de agasallos relacionados coa música galega.
9. Todos os debuxos entregados estarán expostos na Biblioteca Municipal de Melide dende o 18 de abril ata o 6 de maio, dentro da programación da Foliada.
10. A entrega de premios terá lugar na Praza do Convento de Melide, o domingo 24 de abril de 2016 e durante a fin de semana todos os participantes poderán recoller o seu diploma de participación no stand da organización da Foliada de Melide.
11. Para máis información ou dúbida: foliadamelide@gmail.com.
12. A participación no Concurso Xente Cativa, leva consigo a aceptación das presentes bases.

Imagen

Imagen

     
Via: www.foliadamelide.com

Deja un comentario